Esta semana, a estrela invitada ao estudio de gravación de “Bamboleo” será Natalia. A ex-concursante de “Operación Triunfo” cantará o seu último sinxelo “No fui una más”, que foi lanzado este maio en formato dixital cun videoclip do máis movido.Ademais, o espazo musical da noite do sábado tamén contará coas actuacións da orquestra Ledicia. No programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro sempre hai espazo para a música galega. Os artistas invitados desta semana son as Lollipops e os Carapaus.