Esta noite, a festa chega á Televisión de Galicia con Xosé Manuel Piñeiro, con moito ‘Bamboleo’ e cunha artista que se deu a coñecer sendo unha nena con “El baile del gorila”. Hoxe en día, xa é unha moza e arrasa coa súa música en España e América Latina: é a fantástica Melody. A artista presentará os seus últimos 'singles', contará novidades e divertirase cos colaboradores do programa: Tamara Pérez e Claudio Pan, que teñen varios xogos preparados para ela. O grupo Festicultores Troupe estará facendo festa co seu “Almas errantes”, mentres que a orquestra Los Players traerá unha selección musical para todos os gustos.