“Bamboleo” conta coa presenza do cantante dominicano Henry Méndez, que interpreta algúns dos seus temas máis recentes: “Como puede ser”,  “Dime la verdad” e unha última canción en colaboración con Marlango: “Inocente”. E da música latina pásase á música galega, coa actuación de Berlai, un artista e poeta moi versátil da nosa terra que interpreta “Chegando a Mordor”. A orquestra Xacobeo ofrece un mix de cumbias e unha recompilación de temas de Rosario. Na sección musical  habitual do programa, Sofía Rial e María Barrull interpretan “Héroes”, de Cristina Aguilera, e “A tu vera”, de Lola Flores, respectivamente.