O primeiro artista, de proxección internacional, que fará as delicias da audiencia é Efecto Pasillo. Estes canarios convertéronse en pouco tempo nunha das bandas con máis éxito do pop español.  Cambiando de rexistro, pero tamén cun recoñecemento internacional, esta noite actuará en “Bamboleo” a gaiteira galega Susana Seivane, quen está a piques de lanzar o seu quinto álbum, en que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. E, dunha artista consagrada a unha nova promesa do electrolatino: Maikel Gómez. Con nome artístico NewMaik, é un vigués de orixe suíza que está destacando xa neste xénero no mundo da canción. As actuacións musicais complétanse este sábado coas intervencións da orquestra Israel.