A cantante e compositora malagueña Diana Navarro ofrece temas do seu último disco, “Resiliencia”, onde amosa unha proposta máis arriscada e persoal. O quintento compostelán A Banda da Loba interpreta cancións do seu primeiro disco “Bailando as rúas”. Nel, letras de célebres plumas da literatura galega, como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, de autoras contemporáneas como Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial ou das propias integrantes do grupo alíanse con ritmos tan variados coma o rock, o pop, o country e o blues nun disco integramente en galego. Tanén actúa en Bamboleo a orquestra Televisión. Na sección "Agora ou Nunca", súbense ao escenario Nuria Yusta, con “Yo viviré” de Celia Cruz, e José Ramón Rodríguez, con “Bailar pegados” de Sergio Dalma. “Déixate de Juasá” anima a Alexia e a Diego a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; En “A Jrileira”, Carmen e Ríchar enfróntanse ao karaoke cantando “Devuélveme la vida”, de David Bustamante. En “Dirtidansi”, parellas de distintas xe