Esta semana, o espazo musical da Televisión de Galicia “Bamboleo” recibe a Chenoa como artista convidada. A cantante, que se deu a coñecer en “Operación Triunfo”, segue conseguindo éxitos dende a súa saída do programa e acaba de publicar o seu sétimo álbum. “Hoy por hoy” e “Soy humana” serán as cancións que Chenoa interpretará no programa este sábado.   O programa de Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá artistas galegos de diferentes estilos musicais.  O pica discos galego DJ Son 1c, un dos mellores representantes do dance en galego, porase fronte á mesa de mesturas para interpretar “Móveo” xunto a Jay Lee. O artista galego David Prado tamén subirá ao escenario para cantar “El síndrome del Planeta Equivocado”. Pola súa banda, a orquestra Jerusalén será a encargada de amenizar a noite coas súas intervencións ao longo do programa.