“Bamboleo” recibe a visita de Charo Reina, que este ano fixo unha parada na súa carreira folclórica e reinventouse con “Amanecí otra vez”, disco dedicado á música lationamericana, en que versiona os boleros de toda a vida, propoñendo unha viaxe á serenidade, ao romanticismo e a máis fondo dos sentimentos. O programa tamén conta coa presenza no escenario da orquestra Israel e do grupo Causa Perdida, formación de Noia que presenta o seu disco debut, titulado “Hasta el final”. A sección “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de Lucía Vallines, co tema “Me cuesta tanto olvidarte”, de Mecano; e de Mónica Illán, que interpreta “El moreno”, de Isabel Pantoja.  Rafa e Nati compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi” os estilos bachata e samba.