“Bamboleo” recibE a visita a cantante e compositora Barei. Cunha carreira de máis de 16 anos ás súas costas e tres discos no mercado, en 2016 foi elixida para representar a España no Festival de Eurovisión. O espazo da TVG tamén ofrece as actuacións da orquestra La Ola ADN e da banda The Lákazans, que están de volta despois de dous anos cun novo traballo, “Sandwina”. A sección “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico de Lorena Fernández, co tema “La mala costumbre”, de Pastora Soler; e de Noelia Murado, que interpreta “Pasodobre galego”, de Pili Pampín. Alba e Jesica compiten cantando con karaoke en “A Jrileira” e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi” os estilos samba e rumba.