“Bamboleo” recibe o mítico dúo musical Baccara. Formado en 1977 polas bailarinas españolas Mayte Mateos e María Mendiola, na actualidade, o grupo está composto por Mendiola e Cristina Sevilla. O dúo inicial abriu camiño con temas pop na lingua de Shakespeare como “Yes, sir I can boogie” ou “Sorry I'm a lady”, que tiveron un gran éxito. No programa, esta nova formación interpretará estes temas e un novo, do seu recentemente estreado disco “I Belong to your heart”. Ademais, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro fai bailar os espectadores coas actuacións do cantante e bailarín Javi Mota e a orquestra Superfama. No escenario tamén están Noemí González, interpretando “Hoy quiero confesar”, de Isabel Pantoja, e Aldana Saravia, co tema “Skyfall”, de Adele, competindo na sección “Agora ou Nunca”.  Coma sempre, “Bamboleo” conta coa “ITV do amor”, onde un concursante ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e en “Dirtidansi” actúan dúas parellas q