O espazo de música e entretemento “Bamboleo” convida as irmás Salazar, Azúcar Moreno, a subir ao escenario. As artistas interpretan éxitos coma “Debajo del olivo” ou “Agarraíta a la vida”, tema lanzado hai dous anos co fin de recadar diñeiro para axudar a asociacións que loitan contra o cancro.  O programa tamén recibe a orquestra New York, que saca ao público a bailar con temas como “Vente p’acá” e “Tírenme”. Ademais, actúan dous grupos musicais do panorama galego, “Fol de veneno” coa súa música folk e “Liska”, un grupo de ska-punk-reggae, que interpreta temas propios. Na sección “Déixate de juasá!, o músico Ducho Vidal sorprende o público.  Tamén hai baile de Samba e chachachá con Marcos e Fany e un merengue interpretado por Aaron e Ariana. “A jrileira” enfronta no karaoke a dous concursantes: Anxo e Jónathan.