Logo de pasar pola formación indie barcelonesa Urban Lights, Álvaro Soler fíxose un oco na escena musical en 2015 co seu single “El mismo sol”, que ademais de destacar en España, foi un éxito en Italia e Suíza. O programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro tamén conta coas actuacións da orquestra Armonía Show e de Nakary y el Cabezaperro.Na sección “ITV do amor”, Piñeiro fala con María, Tamara e Viviana, nunha proba en que hai que acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. En “Agora ou Nunca”, dúas participantes, María José Fraga e Milucha Martínez, amosan as súas dotes artísticas. “Déixate de juasá!” anima á Manuel e Dani a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara; a “A Jrileira” enfronta ao karaoke a dous concursantes, Marcos e Constan; en “Canción dedicada”, dous namorados, Dorinda e Xan, de Fornelos dos Montes, falan dos inicios da súa relación e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan rumba e bolero.