O programa “Bamboleo” ameniza unha nova velada dcoa música de Chipper, un artista que se deu a coñecer nun soado concurso musical, que destaca pola súa potente voz e que o ano pasado intentou representar a Suíza no Festival de Eurovisión. O espazo da TVG tamén recibe a visita de Tania Fuegho, unha das cantantes máis prometedoras do panorama galego. Colaboradora habitual dos programas da canle autonómica, deuse a coñecer logo de quedar finalista no concurso “Son de Estrelas”. Outro artista galego convidado ao “Bamboleo” é César Romero, cantante da orquestra Cinema, que emprende o seu primeiro proxecto en solitario co sinxelo “Con un poco de tu amor”, un tema fresco, apegadizo e enérxico que representa moi ben a súa personalidade emprendedora, versátil e apaixonada. Ademais, “Bamboleo” ofreceas actuacións da orquestra Israel e de The Lollipops, un trío vocal formado por Paty Lesta, Marian Ledesma e Paula Romero, que ofrece unha viaxe ao swing dos anos 50. Coma cada sábado, o prog