Dioni e Ángeles, os artífices de Camela, animan a bailar on algúns dos seus temas máis coñecidos, como “Cuando zarpa el amor” e “No pongas riendas al corazón”, entre outros. O artista galego Brais Morán, que fora líder de bandas como Loretta Martin ou Jamiroquay Tributo Band, presenta o seu proxecto en solitario interpretando o tema “Os pensamentos da estrada”. Tamén pasa polo escenario de Bamboleo a orquestra canaria Grupo Bomba. Na sección “Agora ou Nunca”, Susana Casanova e Mónica Cajide amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando “Que hablen de mi”, de Francy, e, a segunda, con “Teño saudade”, de Andrés Dobarro. “Déixate de juasá!” anima a Isma e Kezia a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicir as cousas á cara; “A Jrileira” enfronta ao karaoke a Raquel e Elisa, e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan, entre outros estilos, rumba, bolero e samba.