Blas Cantó sobe ao escenario de “Bamboleo”. O ídolo pop murciano, que se dera a coñecer co grupo Auryn e que se converteu en todo un fenómeno a raíz da súa participación nun popular concurso musical, interpreta o seu primeiro sinxelo en solitario, “In your bed”. Para o peche do programa reserva o tema “Me gustas”. Tamén actúan en Bamboleo a orquestra Marbella e o polifacético Xabier Díaz, cantante, compositor e prolífico investigador do folclore galego. Membro da desaparecida formación Berrogüeto e colaborador habitual das voces e instrumentos máis populares da música galega, entre elas a formación Adufeiras de Salitre, coa que sacou “Tambourine Man”, mellor disco galego nos Premios da Música Independente 2016, pon ritmo a “Bamboleo” co “Maneo de Vilariño”.  Na sección “Agora ou Nunca”, Iria Misa e María Rios compiten interpretando “Soy Mujer”, de Chenoa e “Culpable”, de Bisbal. En “Déixate de juasá!” sentan no sofá Lidia, Laura e Carla, mentres que a “A Jrileira” enfronta ao karaoke