“Bamboleo” recibe a visita do cantautor Álex Ubago, que está a presentar o seu cuarto álbum de estudio, “Canciones impuntuales”. Despois de catro anos de silencio, o artista presenta esta colección de once cancións, nunha das cales participa o cantante portorriqueño Luís Fonsi. O programa tamén conta coa presenza da cantante coruñesa Sandra Calderón. Aínda que a súa traxectoria musical amosou variados estilos musicais, especialmente o jazz, a súa gran paixón foi desde nena o flamenco. As actuacións musicais complétanse coa orquestra Ledicia e con Ruta 77, grupo de rock & roll nado no ano 2008 que se consolidou pouco a pouco no directo máis fresco e no contacto co público.