O ídolo da mocidade Abraham Mateo sobe ao escenario de “Bamboleo” para interpretar o seu último éxito “When you love somebody”, incluído no seu disco “Are you ready?” e mais o tema “Mi vecina”. Logo de debutar no mundo da música con só sete anos, o cantante, compositor e actor gaditano ten xa catro discos no mercado e un nutrido grupo de seguidores, que só na súa conta de Twitter superan os dous millóns. Tamén actúan a orquestra Funçao Públika e os vigueses Los Duques de Monterrey e o guitarrista Prexton. Los Duques de Monterrey achegan ao público galego os corridos mexicanos. Desde o seu primeiro disco, “De asuntos perros”, a banda quere render homenaxe aos sons do país ao outro lado do Atlántico, destacando nos seus sons o corrido foraxido, o tex mex e o country. Pola súa banda, o artista pop-folk Prexton vive a cabalo entre Galicia e Cáceres. Tras pasar por varias formacións, debuta en solitario hai un par de anos. Actualmente, está a promover o seu último videoclip, “All Together”