Don Mario chama a Marta para celebra-lo rebumbio organizado coa nota falsa. Merche e Ramón cren que Marta está detrás da crise provocada pola nota. Merche recibe unha carta do concello anunciándolle a retirada da subvención para o ano que ven e a ruptura de relacións. O alcalde pide a súa demisión. Ulises rexeita a Ramón. Pintado trata con afecto a Uxía, pero queda algo "asustado", intuíndo que quizais Uxía esté namorada del.