Ramón cóntalle a Merche que lle mentiu a Antonia cando lle dixo que ía só ó Congreso de Hostalería de Mallorca. Ulises anima a Antonia a mercar un billete a Mallorca e darlle unha sorpresa a Ramón. Mario e Dani pídenlle probas a Pintado de que pasou a noite con Sara. Belén insístelle a Sara no asunto da aposta dos mozos. Cóntalle que ela mesma víu "a proba": a carta dos namorados do seu Tarot. Sara non llo cre pero queda intranquila.