Ulises instálase de novo no seu piso cos mozos. Leticia segue sen perdoar a Mario. Pintado conta que o pai de Mario quizais grave as conversas. Don Mario confirma a Mario que ten as cintas das conversas co alcalde e Roberto, gárdaas nun caixón que ten pechado baixo chave. Emilio dille a Pintado que el tamén é propietario dos terreos da Escola porque é irmán do seu pai, non o seu curmán. Roberto négao.