D. Mario fala con Marta: é mellor prolongar esa situación de modo que Roberto os necesite no proceso de devolución dos terreos. Pintado cóntalle a Leti que Mario intentou usa-lo asunto do falso roubo para desacreditalo a el e a Uxía. Ramón impediuno. Marga conta a Uxía a conversa que escoitou entre D. Mario e Roberto: o cambio de directora da Escola, a operación inmobiliaria. No reconto de votos na elección de delegado, prodúcese un empate, cando entra Ramón cun voto máis, acaba de imprimi-lo correo electrónico que lle enviou Ulises. O voto é para Uxía.