O asesor xurídico cre que están sendo algo pasivos, que quizais poderían facer algo máis para impedir que os terreos e a propia Escola acabasen nas mans de Roberto Pintado. Merche mete os folios co informe nun sobre e dálleo a León para que o leve ó rexistro da Consellería. León entrégallo a Marta que garda o informe na súa carteira. Marga cóntalle a Uxía que o seu pai retirou os cartos que ambos tiñan nunha conta corrente compartida. O alcalde dílle a Don Mario que van facer a Marta directora canto antes.