León dílle a Merche que lle faltan os cartos da caixa metálica. Don Mario e Roberto entréganlle o suborno ó alcalde. Roberto explica ó seu fillo que o patronato aceptará na súa próxima xuntanza, negocia-la reversión. don Mario cóntalle a Marta que será a directora da Escola cando se privatice. O alcalde chama a Roberto Pintado: o patronato tomou o acordo que buscaban. León rexistra a mochila de Pintado. León dílle a a Merche que o ladrón dos cartos foi Pintado.