Roberto Pintado e a súa muller falan de acepta-lo acordo co alcalde de Mouriños. Merche reprende a Mario por todo o asunto da pintada e o cinismo con que deixou que Uxía se inculpase. Don Mario dílle a Mario que debe coida-las relacións con Pintado. Ramón cre que Uxía sería unha estupenda delegada. Merche alégrase porque necesitan poñer un candidato fronte a Mario e porque é sinal de que a volta de Uxía é segura.