Roberto Pintado non acaba de fiarse de Don Mario. Marga está disposta a separarse do seu home. Descubrimos certa tristura de amor imposible de Merche por Ramón. Ó alcalde quere unha cantidade en metálico a cambio da negociación para a reversión dos terreos e unha participación do 10%. Roberto decátase de que o alcalde é máis mafioso do que el esperaba. Deixoulle unha ameaza clara: se non acepta, pode manipula-lo plan urbanístico de modo que os terreos queden seriamente devaluados.