Pintado e Leti durmiron xuntos na casa das mozas. Uxía sinte celos: a ela gústalle Pintado. O Sr. Pintado recibe unha chamada do alcalde para reunirse. Os servicios xurídicos da administración dín que o proceso legal será duro, a menos que negocien. D. Mario propón: se ofrecen "algo" ó alcalde é seguro que terán un aliado perfecto. Marta, Ramón e Merche están plenamente convencidos de que Mario foi quen fixo a pintada. Mario parece que vai inicia-la súa confesión. Pero Uxía dí que foi ela a autora da pintada.