O que amence coma un día normal en Augasquentes vai converterse nun caos coa chegada dun paquete ao xulgado. Nun principio, aquilo semella un envío normal, pero a cousa complícase cando todo parece indicar que se trata dun paquete bomba. Isto obrigará a todos os que nese momento están no xulgado a permanecer no edificio e, o que é máis preocupante, a tomar decisións en conxunto para negociar cos supostos terroristas que envían o paquete.A situación será tan grave que mesmo o xuíz Blanco terá que colaborar con Ana. Onofre axudará a xuíza a revisar antigas denuncias por se descobren algún sospeitoso ou inimigo que os queira ameazar.