A protagonista da serie está disposta a seguir exercendo como xuíza polo que solicita a praza vacante do xuíz Blanco, algo que ao maxistrado emérito non lle vai facer gracia ningunha. Coa axuda de Telmo Blanco, intentará por todos os medios que Ana Ledo non quede na súa praza e sexa outra xuíza a titular de Augasquentes. Por outro lado, a vila recibe unha triste noticia. Olegario morreu en estrañas circunstancias, feito que provoca un terrible desgusto aos veciños de Augasquentes e no que o principal sospeitoso da morte será Fran Burato.