No capítulo 32 de “As nosas rúas” coñecemos tres grandes figuras que poñen nome ás rúas da leal Vigo. En primeiro lugar, o militar español que entrega a súa vida durante a batalla de Trafalgar, Churruca; posteriormente, o historiador e político Eduardo Chao, ao que debemos a publicación dunha grande enciclopedia sobre a Natureza; e para rematar, o enxeñeiro e diplomático José Elduayen Gorriti, responsable de grandes avances na historia do ferrocarril do noso país.