No capítulo 24 de “As Nosas Rúas” coñeceremos dous insignes persoeiros que teñen unha rúa na cidade do Santo Cristo, primeiro o eclesiástico Juan Manuel Bedoya, tradutor do latín e poeta e, a continuación, o célebre Cardeal Cisneros, relixioso, político e ilustrado que realizou a Biblia Políglota, a cal reúne catro idiomas.