No terceiro capítlo de As nosas rúas coñeceremos outros tres personaxes ilustres das rúas da Coruña. O primeiro é Mister Archer Milton Huntington, un filántropo estadounidense que fundou a Hispanic Society of America en 1904. O segundo personaxe é unha muller: Juana María de la Vega. Activista e escritora liberal española dedicada a axudar aos máis desfavorecidos e que se converteu, polas súas múltiples loitas, nunha das figuras máis destacadas do século XIX. O terceiro e último personaxe é Salvador de Madariaga, un diplomático e escritor español que foi precursor da idea de Europa integrada e unida.