No quinto capítulo de A Nosas Rúas percorreremos a historia da man de tres ilustres personaxes cuxos nomes figuran no rueiro da Coruña. O primeiro é Gerardo Porto, un artista polifacético recoñecido en toda Europa que deseñou o obelisco Millenium. O segundo é o Almirante Eulate, un ferrolán lembrado pola súa afouteza na guerra de Cuba. E o terceiro e último personaxe é Teresa Herrera, unha benefactora que mirou polas persoas máis desfavorecidas da cidade herculina