No capítulo de hoxe, As Nosas Rúas comeza a percorrer a cidade de Ferrol. Comezamos na rúa Espartero, un xeneral do século XIX cun relevante papel nos importantes conflitos desa época en España. Despois coñeceremos a historia de Jacobo Mac Mahón, un gaditano que dedicou máis de 50 anos á Armada e renovou tecnoloxicamente o Arsenal de Ferrol.