NO PROGRAMA DO 26 DE XULLO... As festas de Santa Xusta de Moraña tamén se celebraron neste 2020, un traballo incansable da comisión de festas fixo que esta cita fose unha realidade. No Aquí hai verán non nos quixemos perder esta cita e coller a orixe dos allos, a da auga milagreira e a tradición que enmarca a patroa da parroquia, Santa Xunta. Ademais estaremos no Terraceo no Auditorio Mar de Vigo. No Aquí hai verán asistiremos ao concerto de Amaral. Bo ambiente, boa música e un lugar espectacular foi o que nos deixou esta cita da que desfrutaron preto de 400 persoas. E como non podía ser doutro xeito no Aquí hai verán tamén estaremos presentes nas Festas do Apóstolo. Farémonos eco do desfrute dun día picheleiro nunha semana tan importante para a capital galega como a semana do Apóstolo. O día escollido para a nosa reportaxe foi o 23 de xullo, día do traxe, unha xornada tradicional onde as haxa dentro das Festas do Apóstolo. Ademais de coller o ambiente que no deixa esta cita destac