O programa visita a praia de Areal do Vao, en Vigo, situada na parroquia de Coruxo. É unha das de maior sona da cidade despois da de Samil. De area branca e fina, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas, é ideal para a práctica de deportes acuáticos e destaca por ser un dos areais elixidos pola xente nova da cidade e dos arredores.  Viaxando cara ao norte, entra nunha das praias máis senlleiras de Ferrolterra: a de Doniños, situada nos arredores da capital ferrolá, ten unha lonxitude de case 2 km e é coñecida porque nela se practican habitualmente deportes como o surf ou o bodyboard, grazas á forte ondada que se produce. Ao igual que sucede no Vao, é unha praia moi frecuentada pola xente nova da cidade, así como por familias de toda a contorna. Escolas de surf próximas, así como principiantes, contan as súas experiencias. “Aquí Hai Praia” pasa a areais máis recollidos. É o caso da praia das Pasadas, en Barreiros. Moi próxima a outras moi coñecidas como Lóngara e As Catedrais,