A praia de Aguieira, en Porto do Son, é unha das que posúe maior futuro turístico, xa que a zona central non dispón de vía de entrada o que lle dá certo encanto á hora de perderse polas súas dunas. É unha das preferidas polos amantes do windsurf e kitesurf, que cada ano recalan nela con máis asiduidade. Nela desembocan os ríos Cans e Quintáns. Nun dos seus extremos conta cun embarcadoiro pertencente a unha antiga fábrica de salgadura, que os cataláns trouxeron a Galicia.  Cara o sur, unha das praias máis senlleiras do Salnés é a de Silgar en Sanxenxo. Situada no núcleo urbano, está bordeada polo paseo marítimo e a vía rodada que a separa das edificacións de primeira liña de praia. A súa orientación convértena nunha das praias máis solleiras e cálidas da ría. É a praia máis frecuentada na época estival por turistas, tanto nacionais coma internacionais, tanto pola súa situación, que fai que o seu acceso sexa moi fácil como polo distintivo de bandeira azul que posúe.  Practícanse activid