Viaxamos ata Sanxenxo, Oleiros e Vigo para visitar os areais de Areas, Bastiagueiro e A Fonte, onde os bañistas poden gozar duns enclaves de gran fermosura e ben acondicionados para deportes náuticos. A praia de Areas, en Sanxenxo, conta con fermosas vistas da ría de Pontevedra. É un areal que namora pola súa area branca e fina e as súas augas cristalinas. Recollida dos ventos, é tamén propicia para gozar dos deportes acuáticos e con chiringuitos de praia nos que relaxarse co solpor, xa que este areal, pola súa privilexiada situación, permite gozar de máis horas de sol ao bañista. En Oleiros atópase a praia de Bastiagueiro, ideal tamén para a práctica do surf e o windsurf, ao ser rectilínea e contar cunha ondada e ventosidade moderadas. Este areal áchase nun ámbito semiurbano, é grande e dispón de moitos servizos e un amplo aparcadoiro. Ademais, posúe un carril bici, a través do que se pode chegar ata Santa Cruz ou Santa Cristina e, pola súa proximidade ao porto da Coruña, invita a f