O programa visita as praias de San Francisco, en Muros; o Orzán, na Coruña; e A Lanzada, no Grove. A praia de San Francisco é un paraíso para veraneantes non só de Galicia, senón do resto de España. Xunto ao de Ancoradoiro, é un dos areais máis concorridos do municipio,  xa que, ás súas espectaculares condicións naturais, se une unha área de frondosos piñeirais equipados con fontes e asadores para preparar comidas campestres. Ademais, conta con dous cámpings. O lugar no que se atopa coñecíase como Lugar de Fomento, denominación cuxa orixe está nas tres fábricas de salgadura que estiveron instaladas alí.  A praia de Orzán, na Coruña, é un dos areais máis frecuentados da cidade. Ten forma de cuncha e atópase ao pé do paseo marítimo. Ademais, é apta para todo tipo de deportes de pelota para praia, coma o volei, pero tamén para practicar surf debido a súa forte ondeada. Integra un conxunto coa praia de Riazor, da que se atopa separada polo dique da Coiraza, que conforman os restos da anti