A praia de San Francisco, en Louro, está considerada un paraíso de veraneantes. Situada xunto á praia de Ancoradoiro e preto da vila costeira de Muros, é das máis concorridas da zona polas súas condicións naturais e a presenza de frondosos piñeirais equipados con fontes e asadores para preparar as comidas campestres.Subindo cara á Mariña lucense, no Concello de Barreiros, o programa chega á praia de Lóngara. Conta con area branca, ondada forte e forma rectilínea e está situada nunha contorna natural, á beira da punta Corbera, coa típica especie faunística do litoral. É idónea para a práctica do surf. Na península do Morrazo encontramos a praia de Mogor, no concello de Marín, unha das favoritas tanto para as persoas desta localidade coma para os pontevedreses e moitos veraneantes de diferentes partes do Estado. Esta praia de area refinada, con bandeira azul ondeando, destaca por estar resgardada, bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa. Ideal para o ba