O programa visita Samil, en Vigo, nun ámbito urbanizado na enseada que lle dá nome á praia, entre Cabo do Mar e Punta Lagares. Está resgardada, o que favorece a práctica do baño e que sexa visitada por familias que queren gozar dunha xornada tranquila. Este areal destaca pola súa gran lonxitude e polo paseo marítimo que o bordea. Conta con zonas verdes acondicionadas, piscinas para nenos, parques infantís, bares, restaurantes e unha chea de servizos accesorios.  A praia de Lombiña, na Pobra do Caramiñal, comunmente chamada por todos os seus visitantes Cabío. É a máis coñecida e concorrida do concello, ten forma de enseada e está ben protexida. Conta ademais cunha zona arborizada conformada por un piñeiral que abraza o areal, que é un dos seus principais atractivos, pois permite pasar todo o día nela refuxiándose do sol nas horas que máis apreta. Non faltan actividades náuticas como o kayak e o paddle surf, así coma pescadores que ván á centola, á nécora e ao camarón pola contorna.  De