O programa presenta unha selección de tres areais das provincias da Coruña e Pontevedra que combinan natureza, xuventude, espazos urbanos e ambiente familiar. O percorrido comeza na praia de Riazor da Coruña, unha das praias de ámbito urbano máis frecuentadas da cidade, situada ó pé do paseo marítimo da cidade.  Ambiente familiar e cómodo para os coruñeses, que teñen esta praia nun emprazamento céntrico. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes, forma parte do conxunto integrado pola praia do Orzán e de Riazor, separadas polo dique A Coiraza, restos da antiga muralla da Peixaría. Os seus asiduos destacan que é unha praia óptima para visitar durante todo o ano e, ademais, a súa situación permítelles facer calquera plan alternativo en Coruña.  Desde alí, o espazo da TVG viaxa ata o Val Miñor para coñecer a praia de Ladeira, en Baiona. É a de maior extensión do municipio e sitúase ao inicio do mesmo. Está circundada polo río Miñor co seu esteiro e marismas e conserva tamén part