A praia de Patos, na vila pontevedresa de Nigrán, é un areal de grande extensión cuxos límites os establecen liñas de rochas. Pese á bravura do mar debida á incidencia directa do Océano, este é un dos areais de maior beleza da contorna. Pola súa banda, a praia de Barraña, en Boiro goza dun excelente paseo marítimo ao longo de todo areal, que conta con fontes, céspede e árbores.  Finalmente, o programa da canle pública estará na praia da Barrosa, en San Vicente do Mar. Este enclave, situado no concello do Grove, é excelente para pasar un verán relaxante, afastado do ruxerruxe estival das vilas lindeiras.