“Aquí hai praia” visita areais da Coruña e Pontevedra. O programa acode a unha das praias máis concorridas de Porto do Son, a de Ornanda ou Gaivotas; a praia de Santa Cristina, no concello de Oleiros, e a de Rodas, nas illas Cíes.  A praia de Gaivotas conta con gran afluencia de veraneantes pola tranquilidade das súas augas e a súa proximidade á vila de Noia. Nos seus arredores dispón dun cámping de primeira categoría, así como dunha boa infraestructura hostaleira. Abonda para gozar dun día de praia agradable. A praia de Santa Cristina, moi urbanizada e dotada de paseo marítimo, conta con multitude de espazos verdes ao seu arredor. É a preferida pola xuventude coruñesa, ideal para o baño e a práctica de deportes acuáticos coma o windsurf. Escollida como a mellor praia do mundo polo diario británico The Guardian, o impresionante areal de Rodas, nas Cíes, ten unha extensión de máis dun quilómetro de longo e de 60 metros de ancho. Resulta ideal para pasar o día en familia e está pegado