Aquí hai praia chega as últimas semanas de agosto con todos os praieiros gozando de todo o sol e do máximo esplendor do verán. Novamente, tres praias das tres provincias costeiras caracterizadas polo seu alto interese turístico. Comezamos polo sur, nas Rías Baixas achegarémonos a Praia América en Nigrán, un areal ideal para aquelas persoas que disfrutan paseando,pois ten una extensión de 1200 metros (ampliando o paseo se continuamos camiñando ata Panxón). Podemos gozar das comodidades e beneficios que ofrece una praia galardoada con bandeira azul dende 1990 e das múltiples actividades naúticas e de ocio que ofrece, amáis de contar con campings e apartamentos turísticos que fan que sexa visitada por persoas da múltiples lugares. Cara a norte, temos Praia Grande de Miño en Miño, municipio declarado de interese turístico. Estamos nun amplo areal de máis dun kilómetro de lonxitude, situado nun entorno urbán, que conta cunha área dourada e grosa e no que podemos disfrutar dun día tranquilo