Praia América, no concello de Nigrán, é unha das máis coñecidas de todo o litoral e das primeiras en lucir Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa. Está situada nunha zona costeira de gran beleza que debuxa o seu trazado en forma de baías e enseadas, refuxiándose en parte da bravura do Océano coas illas Estelas primeiro e as Cíes despois. Do sur, o espazo da TVG dirixirase cara ao norte, á praia de Mera, que se atopa no núcleo urbano da pequena vila de Oleiros, polo que é moi visitada por residentes da zona. Foi galardoada con bandeira azul no ano 2016 tanto pola pureza e tranquilidade das súas augas coma polos servizos que posúe. Mera é unha praia de ambiente familiar, en que destacan actividades acuáticas relaxadas como o paddle surf, as travesías a nado e, por suposto, non faltan os mergullos e as colchonetas.Por último, na Mariña lucense, o programa visitará a praia de Covas, de 1.500 metros de lonxitude, situada no municipio de Viveiro. Esta praia, dotada de paseo marítimo, goza