Visitamos a Aguieira, en Porto do Son, unha das praias que posúe maior futuro turístico, xa que a zona central non dispón de vía de entrada, o que lle dá certo encanto á hora de perderse polas súas dunas. É unha das preferidas dos amantes do windsurf, que cada ano a visitan con máis asiduidade. Nela desembocan os ríos Cans e Quintáns. Nun dos seus extremos hai un embarcadoiro pertencente a unha antiga fábrica de salga, que os cataláns construíron en Galicia. Visitamos tamén Praia América, en Nigrán, situada nunha zona costeira de gran beleza que debuxa o seu trazado en forma de baías e enseadas, e refúxiase en parte da bravura do Océano coas illas Estelas primeiro e as Cíes despois. Este extenso areal, en forma de cuncha, está practicamente unido ao de Panxón, conformando unha superficie de extensión considerable.  E subindo ao norte da comunidade, chegamos ata a Praia da Rapadoira, en Foz, a primeira en acadar a bandeira azul da zona. Conta con todos os servicios para atender uns v