Close

Perbes, San Xián e Areoura - 02/09/2018 23:15

Canal: TVG (Galicia)
Programa: Aquí hai praia
Título: Perbes, San Xián e Areoura - 02/09/2018 23:15
Descripcion: Comezando na zona norte da costa coruñesa, o programa “Aquí Hai Praia” visitará hoxe a praia de Perbes, que se sitúa nos concellos de Miño e Pontedeume. Resgardada dos ventos, dispón de augas tranquilas e frescas e é ideal tanto para o baño coma para a relaxación.  Orientándose cara ás Rías Baixas, o espazo da TVG tamén visitará a praia de San Xián, no Hío (Cangas), bonito e recollido areal de augas tépedas e cristalinas, rodeado de arboledo e enmarcado dentro da cuncha formada por San Xián, Pipín e Castiñeiras. Esta praia é unha das máis ocupadas debido aos seus bos accesos e instalacións e destaca pola súa fermosa vista da tranquila ría de Aldán e de Punta Couso.   Finalmente, en Lugo, o programa achegarase a Areoura, en Foz, unha praia semiurbana preto de Burela e próxima ás praias do Cantiño e á praia nudista dos Alemáns. De alto nivel de ocupación, o programa atopará bañistas da zona, principalmente dos concellos de Foz, Burela e Cervo, e tamén visitantes de Madrid, País Vasco e C
Fecha publicación: 02-09-2018

URL:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/perbes-san-xian-e-areoura

Otros vídeos de Aquí hai praia en TVG (Galicia)

Xilloi, Silgar e Perbes - 07/09/2019 19:15
Praia América, praia Grande de Miño e praia das Pasadas - 31/08/2019 19:15
Aquí hai praia chega as últimas semanas de agosto con todos os praieiros gozando de todo o sol e do máximo esplendor do verán. Novamente, tres praias das tres provincias costeiras caracterizadas polo seu alto interese turístico. Comezamos polo sur, nas Rías Baixas achegarémonos a Praia América en Nigrán, un areal ideal para aquelas persoas que disfrutan paseando,pois ten una extensión de 1200 metros (ampliando o paseo se continuamos camiñando ata Panxón). Podemos gozar das comodidades e beneficios que ofrece una praia galardoada con bandeira azul dende 1990 e das múltiples actividades naúticas e de ocio que ofrece, amáis de contar con campings e apartamentos turísticos que fan que sexa visitada por persoas da múltiples lugares. Cara a norte, temos Praia Grande de Miño en Miño, municipio declarado de interese turístico. Estamos nun amplo areal de máis dun kilómetro de lonxitude, situado nun entorno urbán, que conta cunha área dourada e grosa e no que podemos disfrutar dun día tranquilo
Caolín, A Lanzada e Barraña - 24/08/2019 19:00
Aquí hai praia volve cun novo capítulo adicado a tres praias do litoral galego de enorme riqueza e beleza natural asentadas en entorno semiurbano ou próximo a vilas galegas costeiras. Comezamos na Praia de Caolín, alcumada por moitos, o Caribe Galego, e unha das máis fotografiadas e compartidas nas redes sociais. Esta praia sitúase na Mariña lucense Occidental, preto da costa Ártabra no Concello do Vicedo. A paisaxe é impresionante con excepcionais vistas que recordan as postais das praias das Bahamas, Xamaica ou as Antillas do Caribe. Un chisco máis de cen metros de lonxitude e cando sobe a marea, a súa anchura e de arredor de vintecinco metros, está situada preto dunha antiga fábrica da cal toma o seu nome. A finura da súa area extraordinariamente branca, así como a vexetación que ten arredor, convértena nunha praia multitudinaria, a pesares do seu tamaño. Polo sur de Galicia visitamos a Praia de A Lanzada nos concellos de Sanxenxo e O Grove, pioneira  en lucir bandeira azul na nosa
Oira, A Cova e Maceira - 18/08/2019 23:50
Novo programa de Aquí hai praia, desta vez unha edición especial: un programa adicado ás praias fluviais do interior de Galicia. Coñeceremos as praias ourensáns da Antena, fluvial de Oira e as Termas da Chavasqueira. Na provincia lucense, en plena Ribeira Sacra, visitaremos a Praia da Cova no concello do Saviñao e na comarca do Condado na ribeira do río Tea, a Praia de Maceira en Covelo. Comezamos na Praia da Cova, unha das praias máis recoñecidas neste ano nas redes sociais, situada no Concello do Saviñao, no corazón da Ribeira Sacra e a beiras do río Miño. A paisaxe é impresionante con excepcionais vistas do meandro Ou Cabo do Mundo, o máis espectacular de toda a conca do Miño. Cabe destacar que os praieiros afirman gozar das frescas e apracibles augas do río e das distintas actividades acuáticas que nel se poden realizar: kayak, pirauga, paddle surf e incluso, viaxes e percorridos en lancha-zodiak. O Río Tea é aproveitado desde a súa desembocadura ata case o seu nacemento para o go
Oleiros, Bueu e Foz - 11/08/2019 23:50
Novo programa de 'Aquí hai praia' que pescuda os areais galegos para todos os gustos: entornos naturais, praias longas, praias máis pequenas e espazos semiurbanos para gozar dun día de verán percorrendo as tres provincias costeiras. Comezamos na Praia de Santa Cristina, un dos referentes da zona da Coruña, situada no Concello de Oleiros. Ampla e alongada, posúe arboreda ó redor e parque para o descanso e paseo dos máis cativos e maiores. Á súa vez, paseo marítimo e zonas semiurbanas con amplas alternativas gastronómicas e de ocio na contorna. Comprobamos que se trata dun areal moi visitado polos adolescentes, xa que pola súa extensión permite darse un bo chapuzón, xogar ó volei praia e tamén ás típicas pachangas de verán. Os asiduos visitantes son, principalmente, da cidade herculina pola súa proximidade. Na provincia de Pontevedra, visitamos a Praia de Area de Bon, en Bueu, unha praia en forma rectilínea, de area branca e grosa que permite que os praieiros estean tranquilos: as fanec
Riazor, Nerga e Lóngara - 03/08/2019 19:15
Comezamos na Praia de Riazor da Coruña, unha das praias de ámbito urbano máis frecuentadas da cidade, situada ó pé do paseo marítimo da cidade. Un ambiente familiar e cómodo para os coruñeses, que teñen esta praia nun emprazamento céntrico. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes praieiros, forma parte do conxunto integrado pola praia do Orzán e de Riazor, separadas polo dique "A Coiraza", restos da antiga muralla da "Peixaría". Baixando para o sur de Galicia visitamos a Praia de Nerga, en Cabo Home un espacio natural que forma parte da enseada de Barra, a cala de A Nova e a Praia de Viñó. Esta é a máis visitada pois é a única á que podemos acceder en coche, un verdadeiro privilexio tendo en conta que estar nela é transportarse ao paraíso. Augas transparentes e limpas, área branca, fondos mariños incribles e unhas privilexiadas vistas ás Illas Cíes. E por último, na Mariña lucense, no Concello de Barreiros, coñecemos a praia de Lóngara. Area branca, ondada forte e de forma
Samil, Covas e Broña - 27/07/2019 19:15
Areacova, Area e San Francisco - 20/07/2019 19:15
As catedrais, Cabeiro e Mogor - 13/07/2019 19:15
O programa estará na praia das Catedrais, un monumento natural situado en Ribadeo que é imprescindible visitar no verán.Na praia de Cabeiro, en Porto do Son, a audiencia gozará das súas augas tranquilas e a paz que ofrece este lugar, ideal para pasar un día en familia. Por último, o espazo irá ata a praia de Lapamán, en Bueu: 800 metros de area fina e branca en que o equipo se atopará con xuventude, veteráns, deportistas e ata veraneantes chegados de Sudamérica.  
Mogor, Coto e Lombiña-Cabío - 06/07/2019 19:20
‘Aquí Hai Praia’ continua amosando os fermosos areais galegos, percorrendo as tres provincias costeiras e misturando sol, area, camping, deporte, lecer e por suposto, as vivencias e aventuras dos protagonistas do programa: os ‘praieiros’. Neste ocasión, o espazo viaxa ata a península do Morrazo para coñecer a praia de Mogor, no concello de Marín, unha das favoritas tanto para as persoas desta localidade coma para os pontevedreses e moitos veraneantes de diferentes partes do Estado. Dunha extensión duns 400 metros, esta praia de area refinada, con bandeira azul ondeando, destaca por estar resgardada, bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos, conta cunhas rochas marcadas por petróglifos que datan de máis de tres mil anos. Na zona do Barbanza, na provincia da Coruña, os espectadores descubrirán a praia de Lombiña-Cabío, a máis coñecida e concorrida do concello da Pobra do Caramiñal. En forma de enseada, con bas
Bastiagueiro, A Rapadoira e Patos - 29/06/2019 19:20
O programa visitará a praia de Patos, no concello de Nigrán. Grazas á bravura contida das súas ondas, é ideal para iniciarse na práctica do windsurf, xa que nas súas inmediacións hai varias escolas. Patos conta tamén cun paseo repleto de locais de ocio e restauración con todos os servizos, que ademais dos locais, gozan os visitantes, principalmente da cidade olívica e da provincia de Ourense. A continuación, ‘Aquí Hai Praia’ subirá ata as Rías Altas para visitar a praia de Bastiagueiro, en Oleiros, un areal tamén ideal para os amantes do surf. Moi preto atópase un cámping, o que fai que no verán sexa moi visitada por turistas. En época lectiva tamén se poden ver moitas persoas practicando deporte nela, pois moi preto atópase a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica. A última praia é a da Rapadoira, en Foz, a primeira en acadar a bandeira azul da zona. A Rapadoira é unha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón, o paseo de Laredo, on
Aguieira, Raeiros e Area de Bon - 09/09/2018 23:20
O programa estará nesta ocasión na praia da Aguieira, en Porto do Son, unha das preferidas polos amantes do windsurf e kitesurf, que cada ano recalan nela con máis asiduidade. Nela desembocan os ríos Cans e Quintáns. Nun dos seus extremos conta cun embarcadoiro pertencente a unha antiga fábrica de salazón, que os cataláns trouxeron a Galicia. Desde a Barbanza, “Aquí Hai Praia” viaxará ata a comarca do Salnés, onde visitará a praia de Raeiros, no Grove. É un areal en forma rectilínea, de area branca e fina, e sitúase nunha contorna rústica, próxima á inmensa praia da Lanzada. Por último, tamén na provincia de Pontevedra, a TVG estará na praia de Area de Bon, en Bueu, inmersa nunha contorna forestal e rural, con bosques que case tocan o mar e con numerosos campos de millo. Destaca por contar cunha contorna non masificada, rodeada da ría de Aldán e con vistas a outros areais do limítrofe concello de Cangas. 
Area Maior, Mogor e Areacova - 26/08/2018 23:30
Novo programa de “Aquí Hai Praia” para descubrir tres areais galegos, nesta ocasión, enmarcados nunha contorna natural inigualable en diferentes rías galegas, coñecendo as praias de Area Maior en Muros, a praia de Mogor en Marín e a praia de Areacova en Aldán. Areacova, na ría de Aldán, no concello de Cangas ten augas tranquilas e area fina. Accédese en vehículo e dispón de todos os servizos. Este areal, xunto ao de Menduíña é unha das máis ocupadas debido aos seus bos accesos e instalacións. Destaca pola vista da Ría de Aldán e Punta Couso. Subindo cara ao norte e na mesma provincia de Pontevedra, “Aquí Hai Praia” chega á praia de Mogor, no concello de Marín. Dunha extensión duns 400 metros, esta praia de area refinada, con bandeira azul ondeando, destaca por estar resgardada, bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos: vela, esquí náutico, motonáutica e windsurf (con límite de 150 metros á costa). E por último
O Torno, O Muíño e Nemiña - 20/08/2018 00:30
Visitamos a Praia do Torno en San Cibrao, no concello lucense de Cervo. Cunha lonxitude de 700 metros, este areal urbano é accesible e conta con todo tipo de servizos. Dispón de area fina, augas transparentes e un acceso moi doado.  A desembocadura do Miño é a seguinte parada, onde se sitúa a praia do Muíño na parroquia guardesa de Camposancos. Dispón de 2.000 metros de lonxitude e de area fina. O areal está dotado de todos os equipamentos para o verán, amais dun paseo que percorre desde Camposancos ata O Puntal, tamén coñecido como Punta Santa Tegra, o emprazamento máis suroccidental de Galicia. Por último, “Aquí Hai Praia” diríxese a Nemiña, unha praia en que desde hai anos se reúnen os amantes do surf e do bodyboard de toda Europa. Situada no concello de Muxía, con 1.250 metros de lonxitude, dispón de variadas posibilidades de ocio e de deporte.
Patos, Razo e Doniños - 12/08/2018 23:45
“Aquí hai praia” lévanos a tres praias onde se practica o surf. A praia de Patos, no concello de Nigrán, é un areal de grande extensión que limita con rochas, con augas bastante bravas pola incidencia directa do Océano e cunha magnífica visión das illas Cíes. Grazas á bravura contida das ondas é ideal para iniciarse na práctica do windsurf, xa que conta nas súas inmediacións con varias escolas de surf. Subindo cara ao norte e na provincia da Coruña, a seguinte parada é a praia de Razo en Carballo. Este areal  aberto é frecuentado por todos os veciños de Carballo, a zona de Santa Comba e a Costa da Morte, e os afeccionados ao surf. Deportistas profesionais e principiantes mergúllanse xuntos nas augas do océano Atlántico, onde se atopan dúas escolas de surf profesionais. E para finalizar, a praia de Doniños, situada nos arredores da cidade de Ferrol. Ten unha lonxitude de case 2 km e é coñecida por que nela se practican habitualmente deportes como o surf ou o bodyboard, grazas á forte on
A Lanzada, Covas e Baltar - 05/08/2018 23:30
“Aquí hai Praia” visita A Lanzada no Grove, pioneira en lucir bandeira azul na nosa comunidade. Esta praia de 2 quilómetros de lonxitude conta con areas brancas e finas, un mar paradisíaco e un paseo de madeira moi cómodo; ademais, ofrece actividades náuticas (surf, paddle, kayak, pedaletas,…) e diversos servizos de restauración para pasar un día completo e diferente.Cara ao norte, “Aquí Hai Praia” pisa a praia de Covas, en Viveiro. Ten 1.5 quilómetros de lonxitude e é perfecta para aqueles que gustan de dar grandes paseos marabillados pola beleza que ofrece o lugar.E, para finalizar, o programa acode á praia Baltar en Sanxenxo, nun municipio turístico por excelencia. Un amplo areal urbán que conta cunha área de campismo. 
Nerga, Cabeiro e Praia Grande de Miño - 29/07/2018 23:30
Comezando polo sur de Galicia, o programa visita a praia de Nerga, en Cabo Home, un espazo natural que forma parte da enseada de Barra, a cala da Nova e a praia de Viñó. Augas transparentes e limpas, area branca, fondos mariños incribles e unas privilexiadas vistas das Illas Cíes son algúns dos atractivos deste areal de Cangas. Subindo cara ao norte, xa na provincia de A Coruña, o equipo do programa pisa a praia de Cabeiro, en Porto do Son. De augas tranquilas, toma o seu nome do pequeno montículo xunto ao que se atopa, así como do saínte rochoso Punta Cabeiro.  Para finalizar, “Aquí Hai Praia” visita a Praia Grande de Miño, municipio declarado de interese turístico. Trátase dun amplo areal de máis dun quilómetro de lonxitude, situado nunha contorna urbá, que conta cunha area dourada e grosa e onde se pode gozar dun día tranquilo de praia ou practicar as diversas actividades náuticas que  se ofertan.
Samil, Lombiña e Coto - 22/07/2018 23:45
O programa visita Samil, en Vigo, nun ámbito urbanizado na enseada que lle dá nome á praia, entre Cabo do Mar e Punta Lagares. Está resgardada, o que favorece a práctica do baño e que sexa visitada por familias que queren gozar dunha xornada tranquila. Este areal destaca pola súa gran lonxitude e polo paseo marítimo que o bordea. Conta con zonas verdes acondicionadas, piscinas para nenos, parques infantís, bares, restaurantes e unha chea de servizos accesorios.  A praia de Lombiña, na Pobra do Caramiñal, comunmente chamada por todos os seus visitantes Cabío. É a máis coñecida e concorrida do concello, ten forma de enseada e está ben protexida. Conta ademais cunha zona arborizada conformada por un piñeiral que abraza o areal, que é un dos seus principais atractivos, pois permite pasar todo o día nela refuxiándose do sol nas horas que máis apreta. Non faltan actividades náuticas como o kayak e o paddle surf, así coma pescadores que ván á centola, á nécora e ao camarón pola contorna.  De
Praia América, Broña e Bastiagueiro - 18/07/2018 00:55
O percorrido lévanos ás Rías Baixas: a praia América, en Nigrán, un areal ideal para aquelas persoas que lles gusta pasear, pois ten unha extensión de 1.200 metros, cun paseo que se amplía ata Panxón. É unha praia galardoada con bandeira azul desde 1990 e que ofrece múltiples actividades náuticas e de ocio, ademais de cámpings e apartamentos turísticos. Aínda nas Rías Baixas, pero subindo cara ao norte, o programa visita a praia de Broña, en Outes. De contorna natural, grazas á súa forma de enseada está protexida dos ventos, o que fai dela un lugar agradable para ir pasar o día, podendo resgardarse do sol na zona de merendeiro. Trátase dunha praia tranquila, onde perderse e gozar da natureza en estado puro.“Aquí Hai Praia” siobe ata as Rías Altas para visitar Bastiagueiro, en Oleiros, un areal ideal para os amantes do surf, xa que é ventoso e con ondaxe moderada. Goza co recoñecemento de bandeira azul e moi preto atópase o cámping, que fai que no verán sexa moi visitada por turistas.
As Catedrais, Silgar e San Francisco-Louro - 10/07/2018 00:15
O programa fai a primeira parada na praia das Catedrais, en Ribadeo, monumento natural e un dos destinos turísticos máis visitados de Galicia. Toma o seu nome polas similitudes que teñen as formacións rocosas cos arbotantes das catedrais góticas. O seu principal atractivo é o conxunto de arcos de roca esculpidos pola forza do Mar Cantábrico co paso dos anos. Silgar, en Sanxenxo, é unha das praias máis cálidas e solleiras da ría de Pontevedra. Situada no núcleo urbano, está bordeada polo paseo marítimo e a vía rodada que a separa das edificacións en primeira liña de praia. Silgar é o areal máis frecuentado na época estival por turistas, tanto pola súa situación, que facilita o seu acceso, coma polo distintivo de bandeira azul que posúe. Por último, a praia de San Francisco, en Louro, está situada xunto á praia de Ancoradoiro e preto da vila costeira de Muros, é das máis concorridas da zona, pois ás súas condicións naturais hai que engadirlle a presenza de frondosos piñeirais equipados c
Riazor, Ladeira e Lapamán - 02/07/2018 23:45
O programa presenta unha selección de tres areais das provincias da Coruña e Pontevedra que combinan natureza, xuventude, espazos urbanos e ambiente familiar. O percorrido comeza na praia de Riazor da Coruña, unha das praias de ámbito urbano máis frecuentadas da cidade, situada ó pé do paseo marítimo da cidade.  Ambiente familiar e cómodo para os coruñeses, que teñen esta praia nun emprazamento céntrico. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes, forma parte do conxunto integrado pola praia do Orzán e de Riazor, separadas polo dique A Coiraza, restos da antiga muralla da Peixaría. Os seus asiduos destacan que é unha praia óptima para visitar durante todo o ano e, ademais, a súa situación permítelles facer calquera plan alternativo en Coruña.  Desde alí, o espazo da TVG viaxa ata o Val Miñor para coñecer a praia de Ladeira, en Baiona. É a de maior extensión do municipio e sitúase ao inicio do mesmo. Está circundada polo río Miñor co seu esteiro e marismas e conserva tamén part
A Rapadoira, Areal do Vao e praia do Vilar - 25/06/2018 23:00
A Rapadoira, en Foz, é a primeira praia da zona en acadar a bandeira azul. Unha mostra de que a pesar que o tempo non acompañe, pódese pasar un día fantástico xogando ao fútbol, ás pas, aproveitando para gozar dun xantar con vistas ao Cantábrico e os máis ousados dispostos a practicar surf. A Rapadoira conta con todos os servizos para atender uns visitantes cada vez máis esixentes coa mesma, limpeza, socorrismo, actividades complementarias, información e atención aos usuarios. Éunha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón - paseo de Laredo, onde se forma unha piscina natural en que se divirten os máis pequenos sen medo ás ondas, conta con pasarelas para chegar ata a zona de baño. A continuación, o programa diríxese ao Areal do Vao, en Vigo. Situada na parroquia de Coruxo, é unha das praias de maior sona da cidade despois da de Samil. De area branca e fina, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas, é ideal para a práctica de deportes acuático
Barraña, Montalvo e Area - 18/09/2017 01:30
Baltar, Cabío e Xilloi - 10/09/2017 23:59
Unha delas é a praia de Baltar, en Portonovo, separada da praia de Silgar pola Punta do Vicaño. De area branca e fina, ventosa e con augas tranquilas, é idónea para o baño e os deportes náuticos. En Baltar pódense atopar locais de ocio, restauración e festa nocturna ao longo do paseo, xunto con actividades estivais, así como a oferta gastronómica dos restaurantes sobre rodas, as feiras e postos de artesanía e moitos veraneantes que gozan dos últimos días do cámping.Na zona da Barbanza, na provincia da Coruña, o espazo da TVG descubrirá a praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. O seu nome real é a praia da Lombiña e é a máis coñecida e concorrida do concello. En forma de enseada, con base de area de cor branca e protexida, ten unha zona arborada, un piñeiral que abraza a area, que é un dos principais atractivos desta praia, pois permite pasar todo o día nel refuxiándose do sol nas horas que máis aperta.Por último, na Mariña lucense, “Aquí Hai Praia” visitará o areal de Xilloi, no concell
Praia América, Mera e Covas - 03/09/2017 23:00
Praia América, no concello de Nigrán, é unha das máis coñecidas de todo o litoral e das primeiras en lucir Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa. Está situada nunha zona costeira de gran beleza que debuxa o seu trazado en forma de baías e enseadas, refuxiándose en parte da bravura do Océano coas illas Estelas primeiro e as Cíes despois. Do sur, o espazo da TVG dirixirase cara ao norte, á praia de Mera, que se atopa no núcleo urbano da pequena vila de Oleiros, polo que é moi visitada por residentes da zona. Foi galardoada con bandeira azul no ano 2016 tanto pola pureza e tranquilidade das súas augas coma polos servizos que posúe. Mera é unha praia de ambiente familiar, en que destacan actividades acuáticas relaxadas como o paddle surf, as travesías a nado e, por suposto, non faltan os mergullos e as colchonetas.Por último, na Mariña lucense, o programa visitará a praia de Covas, de 1.500 metros de lonxitude, situada no municipio de Viveiro. Esta praia, dotada de paseo marítimo, goza