Comezando na zona norte da costa coruñesa, o programa “Aquí Hai Praia” visitará hoxe a praia de Perbes, que se sitúa nos concellos de Miño e Pontedeume. Resgardada dos ventos, dispón de augas tranquilas e frescas e é ideal tanto para o baño coma para a relaxación. Orientándose cara ás Rías Baixas, o espazo da TVG tamén visitará a praia de San Xián, no Hío (Cangas), bonito e recollido areal de augas tépedas e cristalinas, rodeado de arboledo e enmarcado dentro da cuncha formada por San Xián, Pipín e Castiñeiras. Esta praia é unha das máis ocupadas debido aos seus bos accesos e instalacións e destaca pola súa fermosa vista da tranquila ría de Aldán e de Punta Couso. Finalmente, en Lugo, o programa achegarase a Areoura, en Foz, unha praia semiurbana preto de Burela e próxima ás praias do Cantiño e á praia nudista dos Alemáns. De alto nivel de ocupación, o programa atopará bañistas da zona, principalmente dos concellos de Foz, Burela e Cervo, e tamén visitantes de Madrid, País Vasco e C