“Aquí hai praia” lévanos a tres praias onde se practica o surf. A praia de Patos, no concello de Nigrán, é un areal de grande extensión que limita con rochas, con augas bastante bravas pola incidencia directa do Océano e cunha magnífica visión das illas Cíes. Grazas á bravura contida das ondas é ideal para iniciarse na práctica do windsurf, xa que conta nas súas inmediacións con varias escolas de surf. Subindo cara ao norte e na provincia da Coruña, a seguinte parada é a praia de Razo en Carballo. Este areal  aberto é frecuentado por todos os veciños de Carballo, a zona de Santa Comba e a Costa da Morte, e os afeccionados ao surf. Deportistas profesionais e principiantes mergúllanse xuntos nas augas do océano Atlántico, onde se atopan dúas escolas de surf profesionais. E para finalizar, a praia de Doniños, situada nos arredores da cidade de Ferrol. Ten unha lonxitude de case 2 km e é coñecida por que nela se practican habitualmente deportes como o surf ou o bodyboard, grazas á forte on