O programa lévanos á praia do Orzán, na Coruña, que ten forma de cuncha e é bastante frecuentada, xa que está ao pé do paseo marítimo da cidade e é apta para practicar todo tipo de deportes. Conectada directamente ca praia de Riazor e a do Matadoiro, destaca a comodidade do areal, os servizos próximos e un extenso paseo marítimo ideal para practicar deporte e pasear en bicicleta. Na Mariña lucense, imos cara á praia de Llas, en Foz, veciña da Rapadoira e conectada por un extenso paseo marítimo de catro quilómetros de lonxitude. Lugar tranquilo para ler, pasear e, sobre todo, para descansar polas temperaturas moderadas e o vento que favorece para estar máis cómodos.  Baixando cara ao sur, atopamos a praia de Patos, en Nigrán, un areal de grande extensión que limita con rochas. É unha praia de augas bastante bravas pola incidencia directa do Océano, pero tamén unha das de maior beleza da zona, que ofrece unha visión magnífica das illas Cíes. Grazas á bravura contida das ondas é ideal p