Novo programa de 'Aquí hai praia' que pescuda os areais galegos para todos os gustos: entornos naturais, praias longas, praias máis pequenas e espazos semiurbanos para gozar dun día de verán percorrendo as tres provincias costeiras. Comezamos na Praia de Santa Cristina, un dos referentes da zona da Coruña, situada no Concello de Oleiros. Ampla e alongada, posúe arboreda ó redor e parque para o descanso e paseo dos máis cativos e maiores. Á súa vez, paseo marítimo e zonas semiurbanas con amplas alternativas gastronómicas e de ocio na contorna. Comprobamos que se trata dun areal moi visitado polos adolescentes, xa que pola súa extensión permite darse un bo chapuzón, xogar ó volei praia e tamén ás típicas pachangas de verán. Os asiduos visitantes son, principalmente, da cidade herculina pola súa proximidade. Na provincia de Pontevedra, visitamos a Praia de Area de Bon, en Bueu, unha praia en forma rectilínea, de area branca e grosa que permite que os praieiros estean tranquilos: as fanec